Rota tu tablet para disfrutar una mejor experiencia.

ES | CA | GL | EU

Por que son importantes os xoguetes?

O xogo e o xoguete son o modelo principal de aprendizaxe asi como elementos transmisores de valores sociais, un reflexo do que nos rodea e da nosa sociedade. Os xoguetes son as ferramentas coas que os nenos e as nenas adquiren coñecementos e comportamentos que formarán parte do seu desenvolvemento como persoas.

É importante que sexamos conscientes da mensaxe que estamos a ofrecer á infancia e co proxecto “O xoguete educativo” buscamos, como obxectivo principal, fomentar o valor pedagóxico e a importancia educativa do xoguete, entendéndoo como un elemento co que traballar a tolerancia, a diversidade, o respecto e a igualdade.

Os inicios

En 1992, Cruz Vermella Xuventude realizou a primeira campaña de xoguetes para cubrir as necesidades de nenos e nenas de toda España pertencentes a familias en risco de vulnerabilidade social e económica que non podían asumir a adquisición de xoguetes.

Desde entón a campaña foi evolucionando progresivamente ata a súa integración no proxecto “O xoguete educativo”.

O xoguete educativo: unha evolución natural

A partir do ano 2000 iniciouse a tarefa de sensibilizar e informar á poboación sobre o xoguete non bélico e non sexista. Desde ese momento lévanse a cabo charlas, actividades e accións de rúa para a poboación xeral, comezando asi unha nova liña de traballo que é desde entón a base do proxecto.

“Os seus dereitos en xogo”

A partir de 2016 a campaña de xoguetes enfocouse ao redor do recollido no art. 31 da Convención dos Dereitos do Neno:

“Nenos e nenas teñen dereito ao lecer, ao xogo e a participar nas actividades artísticas e culturais”.

Por isto escolleuse o lema “Os seus dereitos en xogo”, que permanece desde entón en todas as campañas cun xogo de palabras que nos permite chamar a atención sobre a vulneración dun dos dereitos básicos da infancia.

© Cruz Vermella Española 2018. Todos os dereitos reservados. Pulse aquí para consultar os ASPECTOS LEGAIS.